Currículum
Viki Rivadulla
( A Coruña 1964)
Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela (ano 1990).
É pintora e escultora autodidacta .
Tamén é artesá bonequeira ( obtivo a carta de artesá no ano 2002).
Ten experiencia docente tanto no campo da filosofía (traballou como profesora de Filosofía e Historia Contemporánea na Academia Aula Nosa da Coruña e como profesora de Técnicas de Estudio e Clases de Apoio para alumnos do IES Ramón Caamaño de Muxía) coma na artesanía (dou numerosos cursos de modelado e bonequería, sobre todo para nenos/as).
Actualmente é técnica de cultura do Concello de Muxía.
Experiencia artística
2019. -Participa na homenaxe a Isidro Novo no Parque da Milagrosa de Lugo e no libro homenaxe “Isidro Novo (1951-2018).”
-Mostra individual “Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas” na sala Antón Mouzo do Concello de Vimianzo.
-Mostra colectiva “Olladas mariñas” no Espazo Xove de Carballo.
-Pregón da festa “Neghra Sombra” en Vimianzo.
-Mostra individual “Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas” no Museo Provincial de Lugo e Rede Museística Provincial de Lugo.
-Participa na IV Edición de “Xuntos pelas Artes” en Tribuna Pública na Coruña.
-Elabora trofeo Trapeira de Honra 2019 para asociación Os Vilares, Lareira de Soños.
-Elabora etiqueta para cervexa artesanal A Muxiana.
-Participa no encontro “Literatas” no Festiletras de O Couto.
-Membro do tribunal das bolsas artísticas 2019 da Deputación de Coruña.
-Cartel da Festa do Longueirón e Desembarco Pirata 2019 de Fisterra.
-Participa na Mostra Internacional de Artes Plásticas de Braga “Artis Bracara” na Sala de Exposiçoes da Biblioteca Lúcio Craveiro da
Silva, en Braga.
-Participa en mostra colectiva solidaria da ONG Terra de Homes na sala Abanca de Santiago de Compostela.
-Participa na publicación “Sempre Marzo” de Xanela Editorial con ilustracións e serigrafías.
-Elabora cartel das Xornadas de Corresponsabilidade celebradas en Vigo pola Asociación de Empresarias de Galicia.
-Mostra colectiva do proxecto “Sempre Marzo” de Xanela Editorial no Pazo Provincial de Pontevedra.
-Mostra individual “Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas”en Portas Ártabras na Coruña.
2018. - Participa no espazo “Estamos aquí!”, lugar para a difusión do traballo creativo de mulleres artistas dentro da Rede Museística da
Deputación de Lugo, dentro de JUSTMAD9, mostra de arte emerxente de Madrid.
- Elabora os trofeos para o Trapeiro de Honra que outorga a Asociación Os Vilares,Lareira de Soños.
- Participa no 3° encontro galaico minhoto “Xuntos pelas artes” , en Braga.
- Mostra homenaxe a Asunción Antelo”Eu nacín antes de tempo”(participa con escultura). Colectiva. Sala Garabato de Carballo.
- Participa na mesa “Pintar a poesía” sobre ilustración e poesía na “ I Feira do libro de poesía Paco Souto” , Malpica.
- Participa con tres ilustracións no especial Sermos Galiza de homenaxe a Isidro Novo.
- Entra na colección de arte contemporánea da Asociación Cultural Obradoiro ds Historia ( Ordes), co cadro “Silenciada”.
- Xurado do Concurso de Murais Lar, Cee.
- Membro do Tribunal das Bolsas artísticas da Deputación da Coruña.
- Deseña a imaxe corporativa para a reivindicación pola recuperación dos frescos dos Vilares. Encargo da Asociación Os Vilares Lareira de Soños.
- Comisaria da exposición homenaxe a Isidro Novo “ Tocar as mans de Isidro Novo “, dentro da homenaxe ao escritor no Cárcere Vello
de Lugo.
- Colectiva “Eu nacin antes de tempo” , en Arteixo. Libraría A lus do candil.
- Participa nas Xornadas de Patrimonio e Desenvolvemento Local, de AFRIPODEL, en Vimianzo, co relatorio “ O imaxinario de
Muxía como inspiración”.
2017. - Mostra individual de pintura “Nemancos”, na libraría a lus do candil. Arteixo. Na inauguración participa Xosé Iglesias que
presenta no mesmo acto A relixión do mar.
- Mostra individual de pintura “A cantiga de Buserán”, no Festiletras do Couto. Fundación E. Pondal. Na inauguración participa
Adhara & Ritman.
- Mostra individual de pintura “A voz libre”, na Sala da Biblioteca Municipal de Cuntis. Organiza Concello de Cuntis.
- Partcipa como membro do xurado do concurso de pintura ao aire libre nas Letras Galegas, en Cuntis.
- Participa con escultura na Mostra Colectiva do Encontro galego portugués titulado “ O Caminho das Artes”, no Museo Terra de
Melide.
- Mostra colectiva “Lusco Fusco” participa con pintura homenaxe a Paco Souto. Pazo da Cultura de Carballo.
- Participa no evento de pintura urbana Muros do Nordés II facendo catro murais no exterior da lonxa de Muxía. Organiza Asoc.
Comarea e colabora Concello de Muxía.
- Participa no acto homenaxe a Paco Souto na Praza dos Libros en Carballo, con intervención e pintura en vivo.
- Mostra colectiva “Nordesía. Unha viaxe plástica de Bergantiños á Mariña” no Forte de San Damián en Ribadeo. Organizan Concellos
de Carballo e de Ribadeo.
- Realiza as portadas e debuxos interiores do cd Libre son de Adhara & Ritman.
- Realiza a portada do libro de Modesto Fraga Devalar sen pel, gañador do 19ª Premio de Poesía Concello de Carral, e publicado por
Espiral Maior.
- Participa na antoloxía Costa da Morte. Territorio literario , obra coordinada por Branca Vilela e publicada por Sial Pigmalión.
- Mostra colectiva “Vai no mar” no Centro Cívico de Malpica, enmarcada nos actos de homenaxe a Paco Souto , organizada por
Caldeirón coa colaboración do Concello de Malpica.
- Participa pintando en vivo con outros/as artistas na homenaxe nacional a Paco Souto “ Atesourar a palabra” que organiza a
Deputación da Coruña no Teatro Colón e coordina Rosalía Fernández Rial.
- Mostra colectiva Miradas VI no Pazo da Cultura de Carballo con artistas muxiáns e bergantiñáns, organiza Concello de Carballo e
Asociación Crea Formas.
- Partcipa nas xornadas Literatas 2017, xunto con outras 24 mulleres para conmemorar o 25 de novembro, no Couto. Organiza
Fundación E. Pondal.
- Elabora os trofeos do certame de micropoesía Vilariñas 2017, da Asociación Os Vilares lareira de soños.
- Elabora por terceiro ano os trofeos para os premios Piratas de Honra da Costa da Morte, para a asociación Piratas de Muxía que
premia o deporte e o deportivismo.
- Participa no III Encontro pola corresponsabilidade, no Grove, organizapo por Executivas de Galicia, na mesa sobre Arte e Deporte.
2016. - Participa no encontro Xuntos Pel´Arte e na mostra de pintura (do 17 de setembro ao 19 de novembro) que se inaugura con este
encontro de artistas e escritores de Portugal e Galiza. Na Fundación Narciso Ferreira, en Riba de Ave ( Portugal).
- Mostra colectiva de mailart “As Meninas de Canido”, no Centro Cultural Torrente Ballester, de Ferrol. (Mostra coordinada por Carlos
Botana).
- Coordina a mostra homenaxe ao pintor Yoshiro Tachibana, que organiza o Concello de Muxía.
- Participa con obra na acción colectiva “Paisaxe Cultural” na Fundación Luís Seoane (A Coruña).
- Mostra de pintura Nemancos, no Círculo Saviñao (Escairón, Lugo).
- Mostra de pintura “ Ser outra cousa” , no Festiletras ( Fundación Eduardo Pondal, O Couto- Ponteceso).
- Mostra de escultura “Matria” , no Festiletras ( Fundación Eduardo Pondal, O Couto- Ponteceso).
- Mostra colectiva Fiestrarte na Sala Sargadelos de Ferrol.
- Participa en Fiestrarte, intervención artística con pinturas na fachada do Cine Adriano de Barallobre, Fene, para a recuperación do
mesmo.
- Mostra individual de pintura no Bar Quijote , Muxía ( A Coruña)
- Ilustra o poemario “E Caín”, de Paco Souto, publicado por Laiovento.
- Mostra colectivas Miradas V , de artistas de Carballo e Muxía. Participa como artista ademáis de coordinar a mostra. Organiza
Concello de Muxía.
- Mostra individual de pintura e escultura en Stoupa , Cee (A Coruña).
- Mostra colectiva Stoupidos 2016. En Stoupa, Cee (A Coruña).
- Participa en “Artistas mulleres, arte en construcción”, instalación de Luz Darriba na Deputación Provincial de Lugo con miles de metros
de precinto de obra con pensamentos sobre arte e situación das artistas de: Mónica Alonso, Dulce Anca, Renata Otero, Monica Mura, Uxia
Piñeiro, Ana Costas, Viki Rivadulla, Cha, Gema López e Adriana pazos.
- Realiza escafandros lugrisiáns para o colectivo "In nave civitas."
2015. - Imparte un obradoiro de cabezudos para o Concello de Fisterra.
- Participa con unha ilustración no libro colectivo "6 poemas. Homenaxe a Federico García Lorca" publicado por Biblos e coordinado
por Helena Villar e Suso Díaz.
-"Nemancos". Mostra individual en Portas Ártabras. Inaugurada cos poetas Teresa Ramiro, Lino Braxe, Xosé Iglesias e Rivadulla
Corcón.
-“Nemancos”. Mostra individual de pintura e escultura, no faro de Fsiterra. Participan na inauguración os poetas Alexandre Nerium,
Xosé Iglesias,Teresa Ramiro, Paco Souto e Juan Alberto Moure.
- Partcipa pintando en vivo na xornada “Avante. Pola pesca artesanal responsable”, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
- Xornadas de pesca “Seguindo a remar” organizadas pola Confraría do Pindo. Participa cunha mostra individual de pintura e escultura
e tamén na mesa redonda “O mar tamén nas nosas mans”.
- Mostra colectiva “Mercado de Arte. Arte no Mercado”, no Mercado Municipal de Lugo, organizado por Luz Darriba xunto co Concello
de Lugo. (Participa con pintura e escultura).
- Participa recitando na homenaxe a Rosalía de Castro , en Bonaval organizado pola AELG , para o Día de Rosalía.
2014. - Miradas 3. Mostra colectiva de artistas de Muxía e Carballo, no Edificio de Servizos Múltiples de Muxía.
- Participa no Encontro de Artistas do Festival Marea Alta que organiza o Concello da Coruña.
- Participa pintando en vivo na Rota Lugrís organizada en Malpica pola Asociación Caldeirón e o Concello de Malpica.
-"From portrait to self-portrait" mostra colectiva sobre o proxecto de Antonio Nodar, no MAC, A Coruña.
-"O bruar da bughina"os mostra individual de pintura na Sala de exposicións do Edificio do Arquivo de Betanzos. Inaugurada por Suso
Torres, José Núñez Lendoiro, e as poetas Teresa Ramiro, María José Fernández López e Mercedes Leobalde. Organiza Asociación
EiraVella.
- “Arte e Natureza” mostra colectiva no Pazo da Cultura de Carballo.
- “O mar, o barco e mais nós” mostra individual de pintura e escultura en Muros, edificio da Fábrica de Sel.
- "O bruar da bughina" Mostra individual de pintura en Portas Ártabras, na Coruña. Inaugurada por Felipe Senén e Xurxo Souto, coa
participación dos poetas Miguel Mato, Paco de Tano, Mª Xosé Fernández, Xosé Iglesias e X. H. Rivadulla Corcón.
- Participa nas xornadas "Mar e Ferro" (en Fene, en defensa do sector naval galego) pintando un mural no barrio de San Valentín.
- Mostra individual de pintura no Resturante A de Loló, en Muxía.
- Mostra colectiva de gravado "Gravado en Carballo" no Pazo da Cultura. Organiza Concello de Carballo.
2013. - Ilustracións para o libro "Chamádeme Eva" de Mercedes Leobalde.
- "O bruar da bughina" mostra individual de pintura e escultura. Sala Antón Mouzo do Concello de Vimianzo. Participan na
inauguración os poetas Isidro Novo, Xosé Iglesias e as Pandereteiras de Muxía.
- "Artistas implicadas contra os malos tratos", mostra colectiva organizada pola asociación Teenses pola igualdade.
- "Miradas 2", mostra colectiva Pazo da Cultura de Carballo.
- Participa na Aula de gravado de Manuel Facal, en Carballo.
- Mostra individual de pintura e escultura O meu mar, en Muxía. Inauguración presentada por Antón Castro, cos poetas Miguel Mato,
Rosalía Fernández, Miro Villar e X. H. Rivadulla Corcón.
- Mostra individual de pintura e escultura O meu mar, no Pazo da Cultura de Carballo. Inaugurada cos poetas Miro Villar, Rosalía
Fernández, Paco de Tano , Paco Souto e X.H. Rivadulla Corcón.
- Mostra individual de pintura e escultura O meu mar, no Centro Cívico de Malpica. Inaugurada cos poetas X.H.Rivadulla Corcón, Paco
de Tano e Paco Souto.
- Mostra individual de pintura Non cantes, non chores…, no Festiletras 2013, sede da Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
- Mostra individula de debuxos a tinta e viño , con textos de poetas galegos, Da poesía e o viño… no Hotel –Restaurante A de Loló, en
Muxía.
2012. -"Miradas" mostra colectiva de pintura e escultura de , na que ademáis de ser a organizadora, participa como pintora co cadro "A
árbore da Lingua".
- Colaboración escenográfica para a obra "O médico a paus" de Moliére, en versión de Artur Trillo para a Escola Municipal de Teatro de
Muxía.
2011. - É convidada polo Concello de Vimianzo para inaugurar a Sala de Exposicións Antón Mouzo. O discurso de inauguracióné "A arte da
Costa da Morte".
- Realiza traballo de ilustración para o poemario "Átonos" de Rosalía Fernández Rial, xunto con outros 5 ilustradores e
participa no espectáculo de presentación do libro.
- Fai a ilustración para a portada do cd "Muxía é unha serea" da Coral Polifónica Virxe da Barca.
2010-2011. -Mostra colectiva de pintura e escultura Catro Miradas da que, ademáis de participar como artista, é
coordinadora. (Casa das Beiras. Concello de Muxía).
2010. - Mostra de Artistas da Costa da Morte nas xornadas Muxía no Camiño organizadas polo Concello de Muxía e a
Asociación de Turismo Rural Muxía Natural.
2007. - Mostra colectiva de artesanía da Costa da Morte, no Congreso de AGACS. Albergue de peregrinos de Muxía.
- Participa, ademáis, cunha ponencia na mesa O Patrimonio inmaterial: os antigos oficios, xunto a Concha Canoura e Carmen Riveiro.
2005. - I Mostra de artesáns de Muxía. Organiza Concello de Muxía.
- Mostra de artesanía MAR OCÉANA II, en Muros.
- Mostra de artesanía con talleres do I CONGRESO DE TURISMO DA COSTA DA MORTE. ( Corcubión).
- Mostra de Nadal de artesanía con talleres, no cárcere vello de Corcubión. Concello de Corcubión.
2004. - Mostra de artistas da Costa da Morte. VINOTECA LORENA. Muxía.
- Mostra de artesáns da Costa da Morte na Lonxa de Muxía.
- Mostra de artesanía MAR OCÉANA, en Muros.
2003. - Mostra de artesanía con talleres na ROMARÍA DO LECER organiza XACARANDAINA. A Coruña.
- Mostra de artesanía MARABILLA SOA. Muros.
2002. - Entre os anos 2002 a 2006- Participa nas Mostras de artesanía do Concello de Corcubión.
- As súas obras Meniñeiro e Pedro Chosco seleccionada no IV Certame de Artesanía ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, da
DEPUTACIÓN DA CORUÑA, participando no catálogo e exposición itinerante deste certame.
- Participa pintando en vivo no Peche activo da Plataforma Nunca Máis, xunto a Antón Mouzo, Xervasio Sar e Coque
Toba, no IES Ramón Caamaño de Muxía (os dous cadros pintados foron donados ao IES).
2001. - Mostra de bonecas e marionetas .VINOTECA LORENA. Muxía.
2000. - Mostra colectiva de pintura de artistas muxiáns na VINOTECA LORENA. Muxía.
1998. - Exposición de pintura individual en EL CAFÉ DE MACONDO. A Coruña.
1997. - Exposición de pintura. Individual. ASOCIACIÓN CULTURAL TANXEDOIRA. A Coruña.
- Exposición individual de pintura. Restaurante AS HORTENSIAS. Corcubión.
1992. - Exposición colectiva no Concello de Muxía. Máscaras e óleos. Organiza A. C. PUNTA DA BUITRA .
1990. - Exposición colectiva. Óleos. Sala de exposicións do CONCELLO DE MUXÍA.
1988. - Exposición de pintura. Individual. Sala de exposicións da DEPUTACIÓN DE LUGO.
1987. - Mostra individual de pintura. Pub CASA DAS CRECHAS de Santiago de Compostela.
- Mostra individual de pintura no SALÓN DA BIBLIOTECA DO CONCELLO DE ZAS.
1986. - Exposición de pinturas e debuxos titulada O prazer secreto do soño no PUB HALCÓN MALTÉS de A Coruña.
- I Mostra de arte galega colectiva, na CONFRARÍA DE PESCADORES de Muxía.
1985. - Exposición colectiva de pintura, CÍRCULO MERCANTIL de Santiago de Compostela. (no Pazo de Bendaña).
- Realiza o traballo de deseñadora gráfica do suplemento cultural Xanela da lúa de EL CORREO GALLEGO.
1984. - Exposición de pinturas. Individual no PUB MODUS VIVENDI de Santiago de Compostela.
-Traballa no departamento de Deseño Gráfico da Revista Universitaria de Cultura COORDENADAS primeiro con
Marcelino dE Santiago ( Kukas ) e logo con Ricardo Lázaro. (Santiago de Compostela).
- A súa primeira mostra individual faina aos 15 anos de idade, no Tele club de Muxía.
Ademáis de estas mostras, poden verse os seus traballos nalgunhas casas de turismo rural como a CASA DE TRILLO (Muxía), o PAZO DO SOUTO (Carballo ) ou o HOTEL RÚSTICO LORENA (Muxía).
Ten ilustracións publicadas en revistas e diarios , entre elas: El Correo Gallego, Outeiro (A Coruña), Decrúa (Muxía) e Edelweiss ( Santiago).
O seu traballo artístico aparece reflexado en publicacións como as revistas TRAVELLER e MUÑECAS (Madrid), así como en reportaxes coma as realizada para TVG nos programas GALICIA ENTEIRA, SALITRE, VISIÓNS (nunha reportaxe de Xabier Rodríguez Barrio sobre a mostra de Viki na Deputación de Lugo), e para a TVE "Más Gente", ou nos libros Rutas da Costa da Morte de Xan Fernández Carrera e 100 Mulleres Galegas. Artistas Emerxentes de Rosa Gomez Limia e Patricia Núñez Sánchez, publicado pola Xunta de Galicia e a Asociación Teenses pola Igualdade.
OUTROS DATOS DE INTERESE
Ampla experiencia asociativa e de dinamización cultural (organización de charlas, actividades artísticas e culturais, mostras, recitais de poesía, etc).
Experiencia como deseñadora gráfica de catálogos, carteis e logotipos para actividades e entidades de carácter cultural e artístico.
Foi co-fundadora e vicepresidenta da Asociación Cultural Edelweiss que foi un axente dinamizador na Compostela dos anos 80.
Foi membro da Plataforma Nunca Máis de Muxía, dedicándose activamente á organización dos eventos que se organizaron en Muxía para a concienciación e información durante a catástrofe do Prestige.
Fundadora e presidenta da desaparecida Asociación Pedra dos Corvos de Muxía.
Socia fundadora do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.
Pertence á Asociación Galega de Artesáns.
Foi membro do padroado e fundadora da Fundación Gonzalo López Abente e exerceu de secretaria da mesma durante os seis primeiros anos de vida da entidade,
Pertence á Asociación de Mulleres Feministas Buserana.