
BRUXA!

2018

120x80 cm 2019

120x200 cm 2018

2019

100x100 cm 2018

120x60 cm 2018

100x100 cm 2019

100x100 cm 2018

100x100 cm 2018

100x100 cm 2018

120x80 cm 2019

100x100 cm 2018

120x200 cm 2018

2019

120x80 cm 2018

100x100 cm 2019

100x100 cm 2018

100x100 cm 2018
CONXURO
“Reclamo o meu lugar no mundo; o teu, o noso, o de todas. O anaco de territorio que pisan os meus pés de muller.
E conxuro o silencio, o veo deitado sobre as mulleres sabias, sobre as que nos deron o leite e peitearon as nosas trenzas; as que abriron os camiños e gardaron as sementes. As que nos contaron os contos todos.
Conxuro o medo á ira dos que noutrora amamos e agora son verdugos das nosas liberdades.
Conxuramos o substantivo masculino excluínte onde nos pechan e nos silencian, enmudecen e anulan.
Conxuramos a todos os depredadores,chuchadores do noso tempo e o noso ser, que pospoñen as nosas vidas, para vivilas…cando?
Conxuramos a pobreza que se aferra ás unllas das mulleres e fai niño nas carnes secas e nas nenas mortas para darse en velenosa herdanza
Conxuramos a dor das coitelas da mutilación e o terror ante a besta que aniquila a inocencia.
E collo as mans quentiñas das mulleres que me axudan a saír das tebras, que alumean o camiño.
E collo tamén a man das que veñen detrás, das que aínda non son. Xuntas saímos todas das catacumbas. Milleiros de mulleres paríndonos unhas ás outras, dándonos á luz…
Somos as sen nome. Pero temos nome.
Digo o meu nome e o teu .Feminino singular, feito plural indomábel.
O noso nome, furacán que fura a noite escura.
Porque temos en nós a semente para construír un mundo novo. O ronsel da liberdade. Os coidados da Terra. E non imos renunciar a plantar esa semente.
Atoparemos a terra fértil!”
Viki Rivadulla