top of page

CURRÍCULUM ARTÍSTICO

VIKI RIVADULLA

Ancla 1
Ancla 2
Ancla 3
Ancla 4

( A Coruña 1964)

Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela (ano 1990).

É pintora e escultora autodidacta.

Tamén é artesá bonequeira (obtivo a carta de artesá no ano 2002).

Ten experiencia docente tanto no campo da filosofía (traballou como profesora de Filosofía e Historia Contemporánea na Academia Aula Nosa da Coruña e como profesora de Técnicas de Estudio e Clases de Apoio para alumnos do IES Ramón Caamaño de Muxía) coma na artesanía (dou numerosos cursos de modelado e bonequería, sobre todo para nenos/as).

Traballa no Concello de Muxía, e traballou durante 12 anos como técnica de cultura.

​

ANO 2022

​

- Premio Bos e xenerosos 2022, pola súa obra reivindicativa de temas como o mar, a muller mariñeira e a súa cultura. Outorgado pola Fundación Eduardo Pondal.

​

MOSTRAS INDIVIDUAIS:

- “Atlánticas. Mulleres do Nordés” Mostra individual de pintura no Pazo de Fonseca (xaneiro- febreiro-marzo).

Organiza área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela.

Realiza varias visitas guiadas na mesma mostra.

​

- “Atlánticas. Mulleres do Nordés” Mostra individual de pintura no Vello Cárcere de Lugo.(xuño-xullo-agosto) Concello de Lugo.

​

-Visita guiada para nenos e nenas á exposición Atlánticas e obradoiro de debuxo, no Vello Cárcere de Lugo.

​

- Presentación do Proxecto Atlánticas e o libro do mesmo no Vello Cárcere de Lugo. Co recitado de Luz Airado e Beatriz Dourado e colaboración de Area López e Lola Barrientos.

​

- "Atlánticas. Mulleres do Nordés” Mostra individual de pintura na Galería de Arte Espiral Maior Foro, en Carballo. Participan na inauguración, coa autora, Miguel Anxo Fernán Vello, Laura Rey Pasandin, Miguel Mato e Teresa Ramiro.

​

- Inaugura dentro da mostra Atlánticas na Galería Espiral Maior Foro, o ciclo de tertulias con artistas que organiza este espazo.

​

- “Atlánticas. Mulleres do Nordés” Mostra individual de pintura na Sala Antón Mouzo. Concello de Vimianzo. Na inauguración participan mulleres do mar, lendo o manifesto.

Dentro da mesma mostra fai visitas guiadas para alumnado do IES Terra de Soneira.

​

- “Rosalianas” . Mostra individual no Auditorio de Vilalba. Organiza Concello de Vilalba, Nova Poesía Guitirica e Instituto de Estudos Chairegos.

​

- “Carrexadoras” exposición individual de pintura no Centro Cívico de Malpica (xuño-xullo).

​

- “Carrexadoras” exposición individual de pintura na Fundación Venancio Salcines. Oleiros.

​

MOSTRAS E OUTROS PROXECTOS COLECTIVOS:

- “49 razones”. Exposición colectiva de camisas recicladas e intervidas artísticamente, no Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol. Proxecto de Beatriz Clara.

​

- “Horizontes”. Colectiva de pintura en Espiral Maior Foro. Expón con Xulio Gracía Rivas, Pepe Cáccamo, Emi de las Heras, Carlos Pereira, Tucho Caamaño, Mon Lendoiro, Gosia Trébacz, Santiago Picos, Milos Cotelo e Manuel Facal.

​

- Participa como colaboradora en proxectos da Asociación Unha gran burla negra, como son : a creación do vocabulario Glosario Nunca + ou a IV Edición dos Talleres de innovación docente: Naturezas Híbridas.Batiscafo 2909/2022. Inmersión ao corazón da catástrofe do Prestige no 20 aniversario ( proxecto no que colaboran Universidade da Coruña, AC. Universidade Cromática das Virtudes + AC. Unha Gran Burla Negra, Deputación da Coruña, Concello de Fisterra e Concello de Muxía).

​

- É unha das artistas que participan na Baralla “O Ghaiteiro Petroleiro” coa que a Asociación unha Gran Burla Negra conmemora o 20 aniversario da catástrofe do Prestige. Esta baralla con todos os seus deseños está na exposición “Las cartas sobre la mesa” no Museo Reina Sofía.

​

- “Stoupando 22”. Mostra colectiva na Galería Stoupa de Cee.

​

- Participa no audiovisual de Nunca Máis “Vinte anos de dignidade” de Xosé Aragunde. E participa no acto de presentación oficial do mesmo no Pazo da Cultura de Pontevedra.

​

PUBLICACIÓNS E ILUSTRACIÓNS:

-Portada do libro "Misterios e encantos de Bergantiños. O ouro soñado e outras quimeras" de Juan Félix Neira Pérez. Edicións Embora. Colección Costa da Morte.

 

- “Atlánticas. Mulleres do Nordés”. Publicación do libro do que é autora, con deseño de Viki Berre.

​

- Ilustración portada do Sermos Galiza especial Día de Rosalía.

​

- Participa no libro “Entre leiras e labores “ edición de Inma Doval e publicado por Urutau. Varias autoras galegas dialogan entre as artes visuais e a poesía (Afra Torrado-Ana Pillado- Ánxeles Penas- Begoña Paz- Blanca Silva- Charo Lopes- Clara Martón-Emma Pedreira- Eva Méndez doRoxo- Helena Villar Janeiro- Lorena Conde- Rebeca Baceiredo- Soledad Pite Sanjurjo e Viki Rivadulla).

​

- Portada da Revista “Abriu. Estudos de textualidade do Brasil, Galiza e Portugal”. Universitat de Barcelona.

​

- Portada da revista Europa Azul cunha obra de Atlánticas (artigo no interior). Bilbao.

​

- Participación no libro “Muxía, maxia e mito” editado por Manolo Martín co apoio de Xacobeo.

​

- Participación guía 20x20 Costa da Morte.

​

CHARLAS, PRESENTACIÓNS E XORNADAS:

-Participa na xornada do Día de Rosalía no Pazo da Peregrina en Ames, con outras mulleres creadoras. Organiza o BNG.

​

-Participa na presentación de “Instintos” de Luz Airado na Libraría A Lila de Lilith, Compostela.

​

-Participa na presentación de “Instintos” de Luz Airado no Vello Cárcere de Lugo.

​

-Participa na presentación do libro colectivo “Camiño das Estrelas”. Na fundación Luís Seoane.

​

- Imparte charla o 25N para a Asociación As Berenguelas “Conversa con Viki Rivadulla”, no Centro Sociocultural Amparo Prego Ruibal, de Culleredo.

​

- Con motivo do 20 aniversario da catástrofe do Prestige ao participa en varios actos e entrevistas, entre eles oa mesa redonda no Museo do Pobo Galego en torno á presentación do filme “Alegría” de Luís Otero (Urco Producións).

​

PARTICIPACIÓN EN XURADOS:

- Xurado do Concurso Escafandros de Camelle. A.C. Naufraxios Galegos.

​

- Xurado do Concurso de postos e fachadas da celebración do City of Agra, en Camelle. A.C. Naufraxios Galegos.

​

- Xurado do 22º Certamen de Pintura Rápida al Aire Libre Cidade de Lugo 2022.

​

- Xurado do concurso de postais de Nadal de Aspadex.

​

ELABORACIÓN DE TROFEOS:

-Elabora Trofeos Vilariñas 2022 para a Asociación Os Vilares Lareira de Soños.

​

​

​ANO 2021

​

- Mostra individual “Raras. Exiliadas, periféricas e monstras” na Sala de Exposicións da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, en Compostela.

​

- Edición artesanal do libro de artista “O libro das raras” cunha tirada de 55 exemplares montados, numerados e asinados pola autora. Con textos baseados nos cadros da serie raras e escritos por Emma Pedreira, Mercedes Leobalde, Inma Doval, Laura Rey Pasandín, Beatriz Maceda e Viki Rivadulla. Debuxos de Viki Rivadulla.

​

- Participa no Proxecto Coidarmos, de Luz Darriba, na exposición de máscaras intervidas por 19 artistas e comisariada por Ticiana Ghiglione e con audios de textos das artistas e outras mulleres.As artistas participantes son. Mónica Alonso, Mónica Mura, Emma Pedreira, Ruth Lodeiro, Tareixa Taboada, Pilar Alonso, Basilisa Fiestras, Alexandra Rodriguez Rey, Ana Costas, María Xosé Dominguez, Sabela Arias Castro, Rebeca Lar, María X. Fernández, Elena Gómez, María Álvarez, Maribel Longueira, Mercedes Molares Cabana, Begoña Tojo e Viki Rivadulla.

​

- Participa no coloquio Carta Blanca sobre Marea Negra, no Teatro Valle Inclán de Madrid xunto con Xesús Ron, María Bella e Manuel Rivas. Organiza o Centro Dramático Nacional como actividade complementaria ao espectáculo Nevermore de Chévere.

​

- Esposición colectiva “Sempre Marzo” na Fundación Luís Seoane, A Coruña.

​

- Exposición colectiva “Nada puede contener la marcha de mis pensamientos” comisariado por Ticiana Ghiglione, no Museo de Las Mujeres de Costa Rica.

​

-Exposición Colectiva “Andante. Arte a pé de mar” en Lledó Iluminación, A Coruña.

​

- Exposición Colectiva “Andante. Arte a pé de mar” na Sala de ABANCA (r/ Carrera dos Condes) en Santiago.

​

- Exposición colectiva Expoética V, no Museo de Arqueología D. Diogo de Sousa, en Braga. Comisariada por Fernanda Santos.

​

-Exposición colectiva Artis Bracara II na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, en Braga. Comisariada por Jorge Nuno.

​

- Participa no Proxecto “Eau de Femme” na VII Edición de “Mujeres Mirando Mujeres”, presentado por Dulce Anca.

​

- 1º Accesit do Concurso de Murais de COG- Grupo Regueira.

​

- Participa con dúas pezas para ser integradas nos Tapices da memoria expostos na Casa do Arco de Fisterra. Organiza o Concello de Fisterra e a Asociación Unha gran Burla Negra.

​

-Ilustracións para o libro “A cor áspera do veludo” de Xulio Pardo de Neyra, editado por Toxosoutos.

​

- Portada da publicación NPGaZeta de Nova Poesía Guitirica e Edicións Fervenza.

​

- Participa no libro colectivo coordinado, entre outros, por Vila Villanueva “ O Camiño das estrelas” edición trilingüe de Ediciones Lastura.

​

- Imaxe do cartel da A. C. O Galo para conmemorar o Día Internacional da Muller.

​

- Participa nas “Xornadas 8 Menstrual” da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, presentando o seu proxecto “Bruxa!. Libres, rebeldes, insubmisas”.

​

- Participa no libro colectivo “Manifesto 25 N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller” editado por Alvarellos en colaboración coa Asociación Cultural Caldaloba.

​

- Expo colectiva “ Face. 26 artistas de Galiza e Portugal” , en Porto ( AssociaÇao dos Jornalistas e Homens de Latrs de Porto). Comisariada por Inma Doval, Tsabel Pintado e Renata Carneiro.

​

- Elabora Trofeos Vilariñas 2021 para a Asociación Os Vilares Lareira de Soños.

​

- Elabora Trofeo Trapeiro de Honra 2021 para Asociación Os Vilares Lareira de Soños

.

- Xurado II Concurso de Escafandros da A. C. Naufraxios Galegos (Camelle).

​

- Colabora na guía 20x20 Costa da Morte.

​

-Participa na presentación de “Instintos” de Luz Airado na Casa da Cultura de Vilalba , libro do que é ilustradora.

​

​

​ANO 2020

​

- Exposición individual de acrílicos “Raras. Exiliadas, periféricas e monstras” na Casa-Museo Casares Quiroga, A Coruña. Participan no acto de inauguración Emma Pedriera, Mercedes Leobalde, Inma Doval, Beatriz Maceda e Laura Rey Espasandín.

​

- Exposición individual “Raras. Exiliadas, periféricas e monstras”na Casa do Concello de San Sadurniño.

​

- Exposición colectiva de mácaras covid intervidas artísticamente,“Segunda Face”, en Biblos (Betanzos) con artistas galegas e portuguesas, comisariada por Inma Doval, Isabel Pintado e Renata Carneiro.

​

- Exposición colectiva de máscaras covid intervidas artísticamente,“Segunda Face”, en San Sadurniño, con artistas galegas e portuguesas, comisariada por Inma Doval, Isabel Pintado e Renata Carneiro.

​

- Participa na Exposición transdisciplinar colectiva “Eau de Femme”, comisariada por Dulce Anca, no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.

​

- Imparte a palestra por videoconferencia “A muller na arte galega” Para o Programa de Estudos Galegos da Universidade do Estado de Río de Janeiro.

​

- Exposición individual de acrílicos en “O Ribeiro. Taberna mariñeira” en Corcubión e dentro das Xornadas ArteNauta.

​

-Mostra colectiva do Proxecto “Sempre marzo” na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo.

​

- Participa con escultura na mostra “Corentena Creativa” na Galería Stoupa de Cee.

​

- Entra na Colección Andante coa peza “Andante mariño”.

​

-Xurado do I Concurso de Escafandros organizado pola A. C. Naufraxios Galegos (Camelle) e coa colaboración do Concello de Camariñas.

​

- Participa na publicación colectiva “Ventanas de confinamiento” coordinada por Mila Villanueva e publicada por Lastura Ediciones.

​

- Colabora elaborando dúas pezas para o proxecto colectivo “Zoquiñas vermellas” do Concello de Malpica e Oleiros de Buño. Un proxecto pola igualdade e contra a violencia machista.

​

​

​ANO 2019

​

-Participa na homenaxe a Isidro Novo no Parque da Milagrosa deLugo e no libro homenaxe “Isidro Novo (1951-2018)”.

​

-Mostra individual “Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas” na sala Antón Mouzo do Concello de Vimianzo.

​

-Mostra colectiva “Olladas mariñas” no Espazo Xove de Carballo.

​

-Pregón da festa “Neghra Sombra” en Vimianzo.

​

-Mostra individual “Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas” no Museo Provincial de Lugo e Rede Museística Provincial de Lugo.

​

-Participa na IV Edición de “Xuntos pelas Artes” en Tribuna Pública na Coruña.

​

-Elabora trofeo Trapeira de Honra 2019 para asociación Os Vilares, Lareirade Soños.

​

-Elabora etiqueta para cervexa artesanal A Muxiana.

​

-Participa no encontro “Literatas” no Festiletras de O Couto.

​

-Membro do tribunal das bolsas artísticas 2019 da Deputación de Coruña.

​

-Cartel da Festa do Longueirón e Desembarco Pirata 2019 de Fisterra.

​

-Participa na Mostra Internacional deArtes Plásticas de Braga “ArtisBracara” na Sala de Exposiçoes da Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, en Braga.

​

-Participa en mostra colectiva solidaria da ONG Terra de Homes na sala Abanca de Santiago de Compostela.

​

-Participa na publicación “Sempre Marzo” de Xanela Editorial con ilustracións e serigrafías.

​

-Elabora cartel das Xornadas de Corresponsabilidade celebradas en Vigo pola Asociación de Empresarias de Galicia.

​

-Mostra colectiva do proxecto “Sempre Marzo” de Xanela Editorial no Pazo Provincial de Pontevedra.

​

-Mostra individual “Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas”en Portas Ártabras na Coruña.

​

​

​ANO 2018

​

–Participa como ponente nas Xornadas Patrimonio Cultural e Desenvolvemento Local (Vimianzo) Organizado por AFIPRODEL.

​

–Comisaria da exposición “Tocar as mans de Isidro Novo”, no Cárcere Vello de Lugo, que formou parte dos actos homenaxe a este poeta (simposio, mostra e recital de poesía e música).

​

- Fai a imaxe corporativa da reivindicación pola recuperación dos frescos da igrexa dos Vilares. Encargo da Asociación Sociocultural Os Vilares, Lareira de Soños.

​

-Forma parte, xunto con María Meijide e Manuel Eirís, do Tribunal de Bolsas de Perfeccionamento de estudos artísticos que convoca a Deputación da Coruña, xunto con María Meijide e Manuel Eirís.

​

-Forma parte do xurado do Concurso de Murais Lar (Cee), xunto ao artista Antonio Nodar e o crítico Antón Castro, ademais de outras persoas do mundo empresarial.

​

-Entra na colección de arte contemporáneo da Asociación Cultural Obradoiro de Historia (Terra de Ordes), co cadro “A silenciada”.

​

-Participa con tres ilustracións no A Fondo de Sermos Galiza adicado ao poeta Isidro Novo in memoriam.

​

- Mostra colectiva “Eu nacín antes de tempo” en homenaxe a Asunción Antelo, participa con escultura. Libraría A lus do candil, Arteixo.

​

- Participa na mesa “Pintar poesía” sobre ilustración e poesía, na I Feira do Libro de poesía Paco Souto. En Malpica. Organiza Caldeirón, colabora Concello de Malpica.

​

- Mostra colectiva “Eu nacín antes de tempo” en homenaxe a Asunción Antelo, participa con escultura. Galería Garabato, Carballo.

​

- Participa no III Encontro Galaico-Minhoto “Xuntos pelas artes”, en Braga (Espazo Aki), e na mostra que se inclúe no evento, con obra pictórica.

​

-Elabora os trofeos Trapeiro de Honra que outorga a Asociación Os Vilares Lareira de Soños.

​

-Participa no espazo “Estamos aquí!”, lugar para a difusión do traballo creativo de mulleres artistas dentro da Rede Museística de Lugo, dentro de Just MAD9, mostra de arte emerxente de Madrid.

​

​

​ANO 2017

​

-Participa pintando en vivo con outros/as artistas na homenaxe nacional a Paco Souto “Atesourar a palabra” que organiza a Deputación da Coruña no Teatro Colón e coordina Rosalía Fernández Rial.

​

-Mostra individual de pintura “Nemancos”, na libraría A lus do candil. Arteixo. Na inauguración participa Xosé Iglesias que presenta no mesmo acto A relixión do mar.

​

-Mostra individual de pintura “A cantiga de Buserán”, no Festiletras do Couto. Fundación E. Pondal. Na inauguración participa Adhara & Ritman.

 

-Mostra individual de pintura “A voz libre”, na Sala da Biblioteca Municipal de Cuntis. Organiza Concello de Cuntis.

 

-Participa como membro do xurado do concurso de pintura ao aire libre nas Letras Galegas, organizado polo Concello de Cuntis.

​

-Participa con escultura na Mostra Colectiva do Encontro galego portugués titulado “O Caminho das Artes”, no Museo Terra de Melide.

​

-Mostra colectiva “Lusco Fusco” participa con pintura homenaxe a Paco Souto. Pazo da Cultura de Carballo.

​

-Participa no evento de pintura urbana Muros do Nordés II , facendo catro murais no exterior da lonxa de Muxía. Organiza Asoc.Comarea e colabora Concello de Muxía.

​

-Participa no acto homenaxe a Paco Souto na Praza dos Libros en Carballo, con intervención e pintura en vivo.

​

-Mostra colectiva “Nordesía. Unha viaxe plástica de Bergantiños á Mariña” no Forte de San Damián en Ribadeo. Organizan Concellos de Carballo e de Ribadeo.

​

-Realiza as portadas e debuxos interiores do cd “Libre son” de Adhara & Ritman.

​

-Realiza a portada do libro de Modesto Fraga “Devalar sen pel”, gañador do 19ª Premio de Poesía Concello de Carral, e publicado por Espiral Maior.

​

-Participa na antoloxía Costa da Morte. Territorio literario, obra coordinada por Branca Vilela e publicada por Sial Pigmalión.

​

-Mostra colectiva “Vai no mar” no Centro Cívico de Malpica, enmarcada nos actos de homenaxe a Paco Souto, organizada por Caldeirón coa colaboración do Concello de Malpica.

​

-Mostra colectiva Miradas VI no Pazo da Cultura de Carballo con artistas muxiáns e bergantiñáns, organiza Concello de Carballo e Asociación Crea Formas.

​

-Participa nas xornadas Literatas 2017, xunto con outras 24 mulleres para conmemorar o 25 de novembro, no Couto. Organiza Fundación E. Pondal.

​

-Elabora os trofeos do Certame de micropoesía Vilariñas 2017, da Asociación Os Vilares lareira de soños.

​

-Elabora por terceiro ano os trofeos para os premios Piratas de Honra da Costa da Morte, para a asociación Piratas de Muxía que premia o deporte e o deportivismo.

​

-Participa nas “Xornadas pola corresponsabilidade” da asociación de Executivas de Galicia, no Grove, nunha palestra sobre “Muller , arte e deporte”.

​

​

​ANO 2016

​

-Participa no encontro Xuntos Pel´Arte e na mostra de pintura (do 17 de setembro ao 19 de novembro) que se inaugura con este encontro de artistas e escritores de Portugal e Galiza. Na Fundación Narciso Ferreira, en Riba de Ave (Portugal).

​

-Mostra colectiva de mailart “As Meninas de Canido”, no Centro Cultural Torrente Ballester, de Ferrol. (Mostra coordinada por Carlos Botana).

 

-Comisaria da mostra homenaxe ao pintor Yoshiro Tachibana, que organiza o Concello de Muxía.

​

-Participa con obra na acción colectiva “Paisaxe Cultural” na Fundación Luís Seoane (A Coruña).

​

-Mostra individual de pintura “Nemancos”, no Círculo Saviñao (Escairón, Lugo).

​

-Mostra de pintura “Ser outra cousa”, no Festiletras (Fundación Eduardo Pondal, O Couto- Ponteceso).

​

-Mostra de escultura “Matria”, no Festiletras (Fundación Eduardo Pondal, O Couto- Ponteceso).

​

-Mostra colectiva Fiestrarte na Sala Sargadelos de Ferrol.

​

-Participa en Fiestrarte, intervención artística con pinturas na fachada do Cine Adriano de Barallobre, Fene, para a recuperación do mesmo.

- Mostra individual de pintura no Bar Quijote, Muxía (A Coruña).

​

-Ilustra o poemario “E Caín”, de Paco Souto, publicado por Laiovento.

​

-Mostra colectiva “Miradas V”, de artistas de Carballo e Muxía. Participa como artista ademais de coordinar a mostra. Organiza Concello de Muxía.

​

-Mostra individual de pintura e escultura en Stoupa, Cee (A Coruña).

​

-Mostra colectiva Stoupidos 2016. En Stoupa, Cee (A Coruña).

​

-Participa en “Artistas mulleres, arte en construción”, instalación de Luz Darriba na Deputación Provincial de Lugo con miles de metros de precinto de obra con pensamentos sobre arte e situación das artistas de: Mónica Alonso, Dulce Anca, Renata Otero, Monica Mura, Uxia Piñeiro, Ana Costas, Viki Rivadulla, Cha, Gema López e Adriana pazos.

​

-Realiza escafandros lugrisiáns para o colectivo "In nave civitas."

​

​

​ANO 2015

​

-Imparte un obradoiro de cabezudos para o Concello de Fisterra.

​

-Participa con unha ilustración no libro colectivo "6 poemas. Homenaxe a Federico García Lorca" publicado por Biblos e coordinado por Helena Villar e Suso Díaz.

​

-"Nemancos". Mostra individual en Portas Ártabras. Inaugurada cos poetas Teresa Ramiro, Lino Braxe, Xosé Iglesias e Rivadulla Corcón.

​

-“Nemancos”. Mostra individual de pintura e escultura, no faro de Fisterra. Participan na inauguración os poetas Alexandre Nerium, Xosé Iglesias,Teresa Ramiro, Paco Souto e Juan Alberto Moure.

​

-Participa pintando en vivo na xornada “Avante. Pola pesca artesanal responsable”, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).

​

-Xornadas de pesca “Seguindo a remar” organizadas pola Confraría do Pindo. Participa cunha mostra individual de pintura e escultura e tamén na mesa redonda “O mar tamén nas nosas mans”.

​

-Mostra colectiva “Mercado de Arte. Arte no Mercado”, no Mercado Municipal de Lugo, organizado por Luz Darriba xunto co Concello de Lugo. (Participa con pintura e escultura).

​

-Participa lendo poemas na homenaxe a Rosalía de Castro, en Bonaval organizado pola AELG, para o Día de Rosalía.

​

​

​ANO 2014

​

-“Miradas 3”. Mostra colectiva de artistas de Muxía e Carballo, no Edificio de Servizos Múltiples de Muxía.

​

-Participa no Encontro de Artistas do Festival Marea Alta que organiza o Concello da Coruña.

​

-Participa pintando en vivo na Rota Lugrís organizada en Malpica pola Asociación Caldeirón e o Concello de Malpica.

​

-"From portrait to self-portrait" mostra colectiva do proxecto de Antonio Nodar con artistas galegos/as, no MAC, A Coruña.

​

-"O bruar da bughina" mostra individual de pintura na Sala de exposicións do Edificio do Arquivo de Betanzos. Inaugurada por Suso Torres, José Núñez Lendoiro, e as poetas Teresa Ramiro, María José Fernández López e Mercedes Leobalde. Organiza Asociación Eira Vella.

​

-“Arte e Natureza” mostra colectiva no Pazo da Cultura de Carballo.

​

-“O mar, o barco e mais nós” mostra individual de pintura e escultura en Muros, edificio da Fábrica de Sel.

​

-"O bruar da bughina" Mostra individual de pintura en Portas Ártabras, na Coruña. Inaugurada por Felipe Senén e Xurxo Souto, coa participación dos poetas Miguel Mato, Paco de Tano, Mª Xosé Fernández, Xosé Iglesias e X. H. Rivadulla Corcón.

​

-Participa nas xornadas "Mar e Ferro" (en Fene, en defensa do sector naval galego) pintando un mural no barrio de San Valentín.

​

- Mostra individual de pintura no Restaurante A de Loló, en Muxía.

​

- Mostra colectiva de gravado "Gravado en Carballo" no Pazo da Cultura. Organiza Concello de Carballo.

​

​

​ANO 2013

​

-Ilustracións para o libro "Chamádeme Eva" de Mercedes Leobalde.

​

-"O bruar da bughina" mostra individual de pintura e escultura. Sala Antón Mouzo do Concello de Vimianzo. Participan na inauguración os poetas Isidro Novo, Xosé Iglesias e as Pandereteiras Abaladeiras de Muxía.

​

-"Artistas implicadas contra os malos tratos", mostra colectiva organizada pola asociación Teenses pola igualdade.

​

-"Miradas 2", mostra colectiva Pazo da Cultura de Carballo.

​

-Participa na Aula de gravado de Manuel Facal, en Carballo.

​

-Mostra individual de pintura “Non cantes, non chores…”, no Festiletras 2013, sede da Fundación Eduardo Pondal, O Couto.

​

-Mostra individual de debuxos a tinta e viño, con textos de poetas galegos, “Da poesía e o viño…” no Hotel –Restaurante A de Loló, en Muxía.

 

-Mostra individual de pintura e escultura “O meu mar”, en Muxía. Inauguración presentada por Antón Castro, cos poetas Miguel Mato, Rosalía Fernández, Miro Villar e X. H. Rivadulla Corcón.

​

-Mostra individual de pintura e escultura “O meu mar”, no Centro Cívico de Malpica. Inaugurada cos poetas X.H.Rivadulla Corcón, Paco de Tano e Paco Souto.

​

-Mostra individual de pintura e escultura “O meu mar”, no Pazo da Cultura de Carballo. Inaugurada cos poetas Miro Villar, Rosalía Fernández, Paco de Tano, Paco Souto e X.H. Rivadulla Corcón.

​

​

ANO 2012

​

-"Miradas" mostra colectiva de pintura e escultura de, na que ademais de ser a organizadora, participa como pintora co cadro A árbore da Lingua.

​

-Colaboración escenográfica para a obra "O médico a paus" de Moliére, en versión de Artur Trillo para a Escola Municipal de Teatro de Muxía.

Ano 2011.

​

-É convidada polo Concello de Vimianzo para inaugurar a Sala de Exposicións Antón Mouzo. O discurso de inauguración é "A arte da Costa da Morte".

​

-Realiza traballo de ilustración para o poemario "Átonos" de Rosalía Fernández Rial, xunto con outros 5 ilustradores e participa no espectáculo de presentación do libro.

​

-Fai a ilustración para a portada do cd "Muxía é unha serea" da Coral Polifónica Virxe da Barca.

​

​

ANO 2010-2011

​

-Mostra colectiva de pintura e escultura Catro Miradas da que, ademais de participar como artista, é coordinadora. (Casa das Beiras. Concello de Muxía).Inaugurada por Luz Darriba.

​

ANO 2010

​

-Mostra de Artistas da Costa da Morte nas Xornadas Muxía no Camiño organizadas polo Concello de Muxía e a Asociación de Turismo Rural Muxía Natural.

​

ANO 2007

​

-Mostra colectiva de artesanía da Costa da Morte, no Congreso de AGACS. Albergue de peregrinos de Muxía.

Participa, ademais, cun relatorio na mesa O Patrimonio inmaterial: os antigos oficios, xunto a Concha Canoura e Carmen Riveiro.

​

ANO 2005

​

-I Mostra de artesáns de Muxía. Organiza Concello de Muxía.

​

-Mostra de artesanía MAR OCÉANA II, en Muros.

​

-Mostra de artesanía con talleres do I CONGRESO DE TURISMO DA COSTA DA MORTE. (Corcubión).

​

-Mostra de Nadal de artesanía con talleres, no Cárcere Vello de Corcubión. Concello de Corcubión.

​

​

ANO 2004

​

-Mostra de artistas da Costa da Morte. VINOTECA LORENA. Muxía.

​

-Mostra de artesáns da Costa da Morte na Lonxa de Muxía.

​

-Mostra de artesanía MAR OCÉANA, en Muros.

​

ANO 2003

​

-Mostra de artesanía con talleres na ROMARÍA DO LECER organiza XACARANDAINA. A Coruña.

​

-Mostra de artesanía MARABILLA SOA. Muros.

​

ANO 2002

​

​

-Entre os anos 2002 a 2006- Participa nas Mostras de artesanía do Concello de Corcubión.

​

-As súas obras Meniñeiro e Pedro Chosco seleccionada no IV Certame de Artesanía ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, da DEPUTACIÓN DA CORUÑA, participando no catálogo e exposición itinerante deste certame.

​

-Participa pintando en vivo no Peche activo da Plataforma Nunca Máis, xunto a Antón Mouzo, Xervasio Sar e Coque Toba, no IES Ramón Caamaño de Muxía (os dous cadros pintados foron doados ao IES).

​

​

ANO 2001

​

-Mostra de bonecas e marionetas .VINOTECA LORENA. Muxía.

​

​

ANO 2000

​

-Mostra colectiva de pintura de artistas muxiáns na VINOTECA LORENA. Muxía.

​

​

ANO 1998

​

-Exposición de pintura individual en EL CAFÉ DE MACONDO. A Coruña.

​

​

ANO 1997

​

-Exposición de pintura. Individual. ASOCIACIÓN CULTURAL TANXEDOIRA. A Coruña.

​

- Exposición individual de pintura. Restaurante AS HORTENSIAS. Corcubión.

​

​

ANO 1992

​

-Exposición colectiva no Concello de Muxía. Máscaras e óleos. Organiza A. C. PUNTA DA BUITRA.

Ano 1990

​

ANO 1990

​

- Exposición colectiva. Óleos. Sala de exposicións do CONCELLO DE MUXÍA.

​

​

ANO 1988

​

-Exposición de pintura. Individual. Sala de exposicións da DEPUTACIÓN DE LUGO.

​

​

ANO 1987

​

-Mostra individual de pintura. Pub CASA DAS CRECHAS de Santiago de Compostela.

​

-Mostra individual de pintura no SALÓN DA BIBLIOTECA DO CONCELLO DE ZAS.

​

​

ANO 1986

​

-Exposición de pinturas e debuxos titulada O prazer secreto do soño no PUB HALCÓN MALTÉS de A Coruña.

​

-I Mostra de arte galega colectiva, na CONFRARÍA DE PESCADORES de Muxía.

​

​

ANO 1985

​

-Exposición colectiva de pintura, CÍRCULO MERCANTIL de Santiago de Compostela. (no Pazo de Bendaña).

​

-Realiza o traballo de deseñadora gráfica do suplemento cultural Xanela da lúa de EL CORREO GALLEGO.

​

​

ANO 1984

​

-Exposición de pinturas. Individual no PUB MODUS VIVENDI de Santiago de Compostela.

​

-Traballa no departamento de Deseño Gráfico da Revista Universitaria de Cultura COORDENADAS primeiro con Marcelino de Santiago (Kukas) e logo con Ricardo Lázaro. (Santiago de Compostela).

​

-A súa primeira mostra individual faina aos 15 anos de idade, no Tele club de Muxía.

​

​

OUTROS DATOS DE INTERESE:

​

Ampla experiencia asociativa e de dinamización cultural (organización de charlas, actividades artísticas e culturais, mostras, recitais de poesía, etc).

​

Imparte ao longo dos anos moitos talleres de pintura e modelado para nenos/as e adultos, así como talleres creativos de animación á lectura, kamishibai etc...

​

Participa en presentacións de libros e actos culturais varios, ademais de organizar moitos outros.

​

Experiencia como deseñadora gráfica de catálogos, carteis e logotipos para actividades e entidades de carácter cultural e artístico.

​

Foi co-fundadora e vicepresidenta da Asociación Cultural Edelweiss que foi un axente dinamizador na Compostela dos anos 80.

​

Foi membro da Plataforma Nunca Máis de Muxía, dedicándose activamente á organización dos eventos que se organizaron en Muxía para a concienciación e información durante a catástrofe do Prestige.

​

Fundadora e presidenta da desaparecida Asociación Pedra dos Corvos de Muxía.

​

Socia fundadora do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.

​

Pertenceu á Asociación Galega de Artesáns.

​

Foi membro do padroado e fundadora da Fundación Gonzalo López Abente e exerceu de secretaria da mesma durante os seis primeiros anos de vida da entidade.

​

Pertenceu á Asociación de Mulleres Feministas Buserana integrada dentro da Marcha Mundial das Mulleres, hai uns anos de xeito máis activo e agora como colaboradora.

​

Pertence ao colectivo La Caja de Pandora que reúne mulleres relacionadas coas artes, co obxectivo de eliminar o machismo e misoxinia no mundo artístico. Constitúe tamén unha rede de apoio a mulleres que sufren abusos neste ámbito.

Ancla 5
Ancla 6
Ancla 7
Ancla 8
Ancla 9
bottom of page