top of page

CARREXADORAS

(serie en papel)

As carrexadoras arrastran o mundo todo nas súas redes, ou lévano cargado nos seus mulidos.

 

Elas trazaron os camiños cos seus propios pés, alí onde non había camiño.

 

Levaron a vida nas súas cabezas, cargadas nos seus lombos anchos e xenerosos coma a costa de Muxía.

 

As carrexadoras son convois silenciados baixo os cimentos dun mundo construído sobre os seus corpos.

 

As mulleres somos todas carrexadoras. E cargamos paxes que moitas veces non poden ser vistos. Pero están. E mancan.

 

Hai carrexadoras sempre, por todas partes, en cada momento e lugar do mundo. Facendo, movendo, sufrindo, chorando, loitando, rindo, cantando, escribindo, pintando, inventando, improvisando, abrazando, peiteando, bicando, construíndo, tecendo, resistindo… milleiros de mulleres polos camiños do mundo e polo meu país que doe.

 

E cando o mundo doe, pecho os ollos e escóitoas falar e dinme que están aí e que o camiño segue por máis que pese o paxe. E que agora son chegados os tempos de facer xustiza con elas, que xa compre desfacernos desta carga que nos esmaga e percorrer o mundo espidas, sen máis peso que o da propia liberdade.

 

 

Viki Rivadulla

bottom of page